Coral Polifónica de Taboada
Xurdiu esta Coral na primavera de 1991 levando os seus fermosos sons por unha grande cantidade de vilas e aldeas de toda Galicia. Actuou mediante intercambios con outras corais, ben en colaboración coa Xunta de Galicia, ben a través das subvencións como socios de FECOGA, e tamén, en diversos programas da TVG como “Galicia para o Mundo” e “Santa Misa” os domingos en catro ocasións.
Está formada por trinta voces mixtas que se nutren das xentes da vila de Taboada e dos pobos veciñós. Participa nos Círculos Culturais de Música e Canto da Deputación de Lugo.
Organiza desde hai 11 anos dous festivais fixos, un no Nadal (panxliñas), e outro con motivo das Letras Galegas. O seu repertorio é amplo e variado desde obras de polifonía clásica, habaneras, cancións populares, composicións religiosas e panxoliñas, así como música popular galega.
O actual director D. Xosé Luis Reza Cabano incorporou ó seu repertorio algunhas obras da súa propia composición, así como un himno a Taboada que foi estreado no programa da Televisión de Galicia “Galicia para o Mundo”