Etnografía Etnografía en Taboada

Rota do RománicoRota do Románico por Taboada

Rota dos pazos Rota dos pazos

Rotas peatonais Rotas peatonais polo concello de Taboada Hórreos

Gastronomía Onde comer en Taboada

Festas, fotos:

 

Concello de Taboada

        Situado ó suroeste da provincia de Lugo, xusto no centro de Galicia, é Taboada unha entrada natural á Ribeira Sacra. Cunha poboación que supera os tres mil habitantes, distribuida en 27 parroquias e 146 Km2. Limita con Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín, Paradela, O Saviñao, Chantada —cabeceira de comarca— e Rodeiro.

        O monte do Faro, visible desde a maior parte do concello, foi vixía e testemuño da vida das xentes que aquí habitaron. A serra, que chega ós 890 metros de altitude en Maxal, xa no concello de Taboada, é a unidade que destaca no horizonte.

        A gandería ocupa o primeiro lugar nas actividades económicas deste concello, situada na meseta ou superficie de aplanamento interior, con modernas explotacións dotadas das últimas tecnoloxías, que lle permiten unha producción de grande calidade e cantidade. Conta, igualmente con industrias lácteas —queixo da denominación Arzúa-Ulloa—, vinícolas —na denominación Ribeira Sacra—, metálicas, madeira...

        A terceira unidade discorre arredor do río Miño, con plataformas escalonadas. Nas ribeiras do encoro de Belesar prodúcense distintas variedades de uvas, todas de grande estima, sendo a mencía a máis abundante. As augardentes multivarietais, dentro da denominación de Portomarín, conseguen unha alta calidade.

        As súas paisaxes están decoradas cun grande número de igrexas románicas, levantadas arredor do século XII, moitas casas brasonadas que nos lembran o pasado moderno —da Casa dos Condes de Taboada, con solar en Bembibre, toma nome e escudo o concello a mediados do século XIX—, e temos ademais vestixios prerrománicos e tamén numerosos castros que dan fé da vida nesta terra hai máis de 2000 anos.

        Esperámolos/as no concello de Taboada, coa estrada N-540 paralela ao río Miño, porta natural da Ribeira Sacra. Agardamos que a visita virtual sexa do seu agrado, mais só achegándose a estas terras poderá coñecer a riqueza engadida das súas xentes.

Parroquias de Taboada

Ansar (Santo Estevo), Arxiz (San Paio), Bembibre (San Pedro), Bouzoa (San Xoán), Campo (San Xián), Carballo (San Tomé), Castelo (Santa María), Cerdeda (Santa Mariña), Cicillón (Santiago), Couto (San Martiño), Esperante (Santiago), Fradé (Santiago), Gondulfe (San Lourenzo), Insua (San Salvador), Mato (San Martiño), Meixonfrío (Santa Mariña), Moreda (Santa María), Mourulle (San Vicente), Piñeira (Santa María), San Xián de Insua (San Xián), Sobrecedo (Santiago), Taboada dos Freires (Santa María), A Torre (San Mamede), Vilameñe (Santa Mariña), Vilar de Cabalos (Santa Eulalia), Vilela (San Miguel), e Xián (Santa María).

Xosé Manuel Vázquez

Recanto Literario

Ornitoloxía no Concello de Taboada

Participe na elaboración desta web

A feria

Mapa de Taboada Mapa de Taboada de Google

O tempo

Webs recomendadas Contos solidariosA web dos Farnelos Gondulfe: o corazón do Paraíso

Zona Recreativa A Medela

 

 

                                                   Taboada: porta da Ribeira Sacra