SAN PEDRO DE BEMBIBRE

A portada fórmana tres arcos sostidos columnas e enmarcados en zig-zag aída protexido por outro arco de dentes de serra. Os fustes das columnas están decorados na súa mayoría por estrías verticais ou con zig-zag, e ás veces ornaméntase ccn bolas. Os capiteis destas columnas teñen decoración vexetal ou figurada. Entre eles o máis curioso é o terceiro, una figura humana que leva unha bolsa colgada do pescozo. Ten na man esquerda unha ave e baixo a man dereita un can. Segundo a interpretación do profesor Yzquierdo Perrín podería tratarse da representación da avaricia e o can esculpido sería o demo que atormenta ó avaro. Esta rica e interesante portada tivo no seu día un pórtico exterior que deixou no muro da fachada pegadas das dúas vertentes do tellado

No muro sur ábrese outra interesante porta. Ten dobre arquivolta de medio punto e o arco menor decorado con pequeñas formas frorais. Os capiteis dos arcos da esquerda levan decoración vexetal, e os da dereirta teñen formas de animais. Dos capiteis da dereita o da arquivolta  ten dous grifos (animais mitolóxicos) afrontados, de ás levantadas e cabezas xiradas. O da arquivolta maior decórase cunha loita entre un león e un basilisco. Outro dos aspectos interesantes desta portada é que nos proporciona a data de construcción da igrexa. No que queda detímpano lese a data , probablemente se seguiu o modelo da cercana igrexa de Novelua;  baixo a data levaría o nome do autor, pero este nome perdeuse co pasar dos anos. Seguindo a interpretación de Vázquez Saco, di: ERA MCCXXVIIII (con) ST(ruct) V(m) H(oc) (templum), sendo as mayúsculas as conservadas es as minúsculas as probables. Se lle restamos á data escrita  (1229) os 38 anos da era hispánica vemos que a igrexa foi construida no ano 1191. Tamén no exterior do templo hay que salientar  o arquivo con columnas que decora a saeteira da ábsida. A sinxela espadaña conservada é do século XVIII, pois probablemente a orixinal foi destruida por un lóstrego.
Xa fóra do recinto da igrexa hai que destacar a presencia dun cruceiro  do século XIX

A planta consta de nave  e ábsida. A nave cúbrese cun artesonado de madeira e a ábsida con bóveda de canón e forno. Por dentro a igrexa é moi sinxela. Os muros érguense sobre un banco de pedra  . Merece a pena sinalar o púlpito do muro norte, que recorda ós dos refectorios monásticos.  Boa parte del está escavado no propio espesor do muro. O arco triunfal, que media entre a nave e a ábsida , está lixeiramente apuntado, como sinalando as novas influencias góticas. No semicírculo da ábsida hai hoxe un fermoso retablo barroco , pero baixo el houbo pinturas murais como as que, trala restauración, se ven no muro norte. Estas pinturas fixéronse no século XVI e cubríronse con cal como medida hixiénica para impedir a propagación da peste. Tamén hai qu esubliñar na ábsida a sepultura de Xoán Taboada de Ribadeneira e Figueira, coa escultura xacente do finado e os escudos heráldicos dos Taboada. Este sepulcro data da segunda metade do século XVII

Eva Tobal Oubiña

 

 

 

 

A LA IGLESIA ROMÁNICA DE SAN PEDRO DE BEMBIBRE, EN TABOADA-LUGO

 

                                     Templo de Dios, la campiña, solar,

                                   tu perfección se logró con euforia,

                                   ya del románico eres historia,

                                   tu armonía invita a orar.

 

                                     Maravilloso campa tu lugar.

                                   Cuando te miro y hago memoria:

                                   Fueron artistas, tallaron tu gloria.

                                   Con tu belleza me haces soñar.

 

                                     Tu cruz de piedra, de piedras con arte,

                                   en tu paraíso, chispas de un sueño,

                                   de la cultura, tú ya eres parte.

 

                                     La romanización puso diseño,

                                   siendo de Roma propio estandarte,

                                   en un paisaje de paz y ensueño.  

 

                 La iglesia románica de San Pedro de Bembibre es una joya del románico rural, de las riberas del Miño. Hace ya muchos años fue declarada como Monumento Nacional. Se encuentra situada en un lugar paradisíaco, aproximadamente a un kilómetro de la casa-palacio de los Condes de Taboada.

                                                                                                                                                        Rariso