LEMBRANZAS DA LAREIRA
VIÑO E ADEGAS DA RIBEIRA SACRA
CARBALLO DE TABOADA
CANTO A TABOADA
REI MILENARIO
RIBEIRA SACRA
Cruceiro de Razamondelle
CANTANDO POLA RIBEIRA
SANTO TOMÉ DO CARBALLO
Galopando pola ruta dos cruceiros do concello de Taboada – Lugo
Anécdota
A LOS CONDES DE TABOADA
TABOADA ES .......
TABOADA EN EL TIEMPO
TABOADA EN MIS SUEÑOS
VILLA BLANCA
NUESTRA AVENIDA DE LUGO
SILABEANDO
TABOADA SONRÍE DE NUEVO
CAPRICHOS DE MI TIERRA
COCIDO GALLEGO
“LA QUEIMADA”
ROMANIZACIÓN
LEMBRANZAS DA LAREIRA
Lembro os tempos da nosa lareira,
preto do lume poñía as canelas,
tanta fogaxe facía mulas nelas,
pasaba as horas alí na fogueira.
Falaban todos coma nunha feira,
había filloas, nas brasas, costelas,
así quentiñas, un pracer comelas.
Contaban contos ¡Fume na fumeira!
Dicían cun mozo que viña do muíño,
quedara lelo por unha morena,
¡ Era amor o mal de parruliño!
Logo chorando, na noite serena,
deixaba bágoas polo camiño.
¡Cousa de bruxa, co traxe de nena!
VIÑO E ADEGAS DA RIBEIRA SACRA
Ribeira Sacra, paisaxe e viño,
nace dun caldo con moita pureza,
e cando sae, parece que reza,
unha ledicia tomar un groliño.
Xa da o cheiro preto do fociño,
quita da mente calquera tristeza.
Este xarope amosa grandeza,
ten o perfume das brisas do Miño.
Son as adegas niños do amor,
nas súas entrañas, arela de gloria,
sen pesadelos, inxecta valor.
É un recuncho, fonte de euforia,
contan que nunha durmiu o Señor.
Uns dinlle lenda e, outros, historia.
CARBALLO DE TABOADA
Nobre carballo cos brazos ó ceo.
¡Que señorío, na cima do outeiro!
Es da Vila o noso recreo,
fas, polas noites, das pegas poleiro.
Cando te miro nas túas polas leo:
¡De Taboada, flamante pregoeiro!
Nesta bisbarra es rei milenario,
coma se foses noso relicario.
E Taboada vila con historia,
chuvias do Faro e brisas do Miño,
a Vila Branca amosa euforia,
con entusiasmo facendo camiño,
polos sendeiros, feitizos de gloria,
terra de homes, mulleres e viño.
Grises de pedra, agreste salvase,
coma contrastes da nosa paisaxe.
CANTO A TABOADA
Impresionante estoupido reza,
ledos encantos Taboada cerra
en tan exuberante natureza.
¡Que privilexio nacer nesta terra,
recreando os ollos na grandeza!
Lendas de gloria na paz e na guerra.
O milenario rei da carballeira
dinos “¡Adeus! Na viaxe derradeira.
REI MILENARIO
Grandioso monumento natural,
rei milenario, “Carballo de Ramos”,
o teu amparo a vida pasamos,
de fantasía o perfil señorial.
Troncos erguidos, ansia celestial,
con ilusión e amor te miramos,
con alegría de gozo cantamos,
unha xoia no mundo vexetal.
Noso pendón, na cima do outeiro,
amosa sempre xeito elegante,
das nosas lendas el fai de caixeiro.
Imaxe secular, misión vixiante,
de Taboada, o mellor pregoeiro,
das inquedanzas por sempre garante.
RIBEIRA SACRA
Fermosa Ribeira Sacra,
a grandeza dun destino,
do románico é ruta,
os privilexios dun mito,
o embruxo da paisaxe,
a historia dun feitizo;
aínda de guerras pasadas
hoxe escoito o ruxido.
e verdes campos que piso,
non dou visto o que vexo,
cego do moito que miro.
que van a carón do río;
gozando do agreste
todo resulta bonito,
unha vivencia de gozo
é o noso sendeirismo;
se rexeitas a rutina
e do monte fas camiño,
abres paso na maleza,
doado pracer divino;
saen lagartos e cobras
e fuxen os paxariños.
Non teñas medo de nada,
nin sequera polos bichos,
é unha grata ledicia,
ata non son de perigo.
Para hoxe, menos mal,
hei de mirar o antigo;
vou subindo polas muras,
pero paso a pasiño,
logo esgotado, senteime
baixo a copa dun pino
¡Vaia aromas que ten
este aire que respiro!
Paseino de marabilla
¡Que pena perde-lo ritmo!
Acadei unha ribeira,
alí dei cun bo amigo
entramos na súa adega,
onde gardaba o viño,
de xeito que cada pouco
mandáballe un groliño,
arrisca moi ben o corpo,
da o cheiro no fociño.
Deseguido era tarde,
o meu compañeiro dixo:
“Está a facerse noite,
vente no coche comigo”.
Rematarei a xornada,
a ver se outro día sigo.
Cruceiro de Razamondelle, preto do lugar do mesmo nome, da parroquia de Xián, do concello de Taboada, provincia de Lugo
Era unha casa grande,
o dono, un home rico,
eran tempos dos carlistas,
e mandáronlle un escrito,
pero nel pedíanlle cartos,
pois estaban en conflicto,
mais el negouse a dalos
e fíxose inimigo,
condenárono a morte,
cando saíra ó camiño.
Despois de tempo na casa,
queixábase compunxido;
quixo facer unha viaxe
cun criado moi querido.
Por unha zona boscosa
camiñaban escondidos,
mais, de pronto, escoitaron
coma extrano ruxido,
alguén berrou: “¡Home morto!”
E logo sonou un tiro,
o criado dera un salto,
evitoulle o perigo.
O señor salvou na noite,
el quedou no chan tendido.
Mataron un infeliz
o merlo salvou fuxindo.
¡Que feliz satisfacción
morrer co deber cumprido!
O heroe tiña nos beizos
a expresión dun sorriso.
O dono voltou a casa
ata o fin do carlismo,
xa o resto da súa vida
el podía vivir tranquilo.
El quixo buscar o xeito
por un respeto debido
a un servidor tan fiel,
de comportamento digno;
seu desexo, facer algo,
que fose lugar bendito
o sitio onde morrera
un home descoñecido.
Cruceiro recordatorio,
de Razamondelle, digo.
Cando fun tomar apuntes
eu na cruz puxen un bico
e de xeonllos nas gradas
receille con agarimo.
Se ben nunca o coñecín
quérolle coma amigo.
Un cruceiro, non calquera,
chorando por un destino.
CANTANDO POLA RIBEIRA
Vou camiñando xa preto do río,
unha maneira de pasa-lo tempo,
de pronto vexo unha libeliña,
toca na auga e deixa os ovos.
¡Canta ledicia nas cousas que miro!
É un pracer de tanta marabilla,
a natureza amosa tapices,
a perfección, modelo de artistas.
As bolboretas que voan a brincos
os paxariños que cantan nas ramas,
as lagartixas que corren fuxindo,
a donicela mira desconfiada.....
Coma un raio pasa un coello,
e agóchase alá nun furado,
e nun piñeiro come un esquío,
anda tan áxil coma torbeliño,
chegan as pegas, as tolas do aire,
e logo veñen as aves rapaces
a súa presencia altera a paz,
deste lugar de tanto esplendor.
Pola campía as flores silvestres,
con variedades, tamén colorido,
é o perfume, esencias do campo.
As augas nidias leva o regato,
e nas baixadas tocan buguina,
música doce, canto da ribeira.
Fermosa senda nas rutas do viño,
e o románico tamén xoga baza,
ata os árabes aquí chegaron.
Non foi extrano, había atractivo,
eles de parvos non tiñan un pelo,
non rexeitaban o noso paraíso.
Viño e auga conviven felices,
poñen as notas dun vello cantar,
unha canción que o embalse tragou.
Fun ó club náutico tomar café,
esta paisaxe de luces e sombras,
con esas brisas que soben do Miño,
e recacho os ollos de arela,
coas caricias que mandan os ventos,
son os contrastes de río e montaña.
¡Non teñen prezo estas sensacións!
Dáme temor o bulicio mundano.
Vivo feliz coma rula co rulo
neste lecer de tanta harmonía,
para recreo dos cinco sentidos.
Xa ven a noite, non podo seguir,
chegou a hora de voltar a casa,
un pouco triste e tamén contento,
choro aquilo e gústame isto.
Cando me deito apago a luz,
e as pantasmas métense comigo,
bailo con elas e rinse de min.
SANTO TOMÉ DO CARBALLO
erguido nunha planura,
pousadiña entre montes
que teñen moita cintura,
co seu garda milenario,
cuberto dunha casula,
xa raxada polos anos
amosa moitas verrugas.
Encrucilladas das pólas
onde o sol xa non aluma,
nelas aniñan as pegas,
o mesmo ca fan as rulas.
Xa no silencio da noite
escoito que aturuxan,
parece alma en pena,
é o canto da curuxa,
na escuridade da noite,
mentres non sae a lúa.
Esta terra de feitizos,
fermosa coma ningunha,
vivimos pegados a ela
polo moito que axuda.
Os homes desta bisbarra
traballan, xemen e sudan.
Campesiños de por vida,
eles non renuncian nunca,
forman parte da campía,
xa que nos campos roturan,
sen doerse do seu corpo,
bo nivel de vida buscan,
en sendas actividades,
gando e agricultura.
Amorosiñas rapazas
pasean nas nosas rúas,
ca súa cara de anxo,
no sorriso, fermosura.
Fantasías femininas
visten de alta costura,
embelecen a paisaxe,
na mirada a dozura.
Teñen tódolos encantos
ca natureza debuxa.
¡Que pracer é contemplalas,
lixeiras coma papuxas”
Xoias de carne e óso
que os homes tanto buscan.
Hai rapazas moi xeitosas,
de escultural feitura,
pero son as nosas nenas
de perfecta escultura.
Se tes percha e moitos cartos,
poida que namores unha;
en caso de conseguilo
non che é unha parrula.
Os da sorte na conquista
fágolles unha pregunta,
tamén unha reflexión,
ó mellor inoportuna:
¿Acadaches o que buscabas?
&