Tódolos paxaros que se poden
apreciar nesta páxina foron fotografiados dentro do
concello de Taboada.
Ainda que poda
parecer moi fácil a identificación dos mesmos a
aqueles visitantes que se asoman por primeira vez a
esta apaixoante actividade, teño que informar que,
alomenos a min, contando coa axuda de libros e
rastreando a web, amósaseme difícil. Espero contar
coa solidaridade de tódolos visitantes coñecedores
en algunha medida asi como tamén dos expertos ós que
me estou dirixindo, incluindo algún amigo eminente
naturalista.
Pido disculpas
polos erros que vaia cometendo e que correxirei
inmediatamente de ser informado coa debida
argumentación. En todo caso debo avisar que dispoño
máis de boa vontade que de competencia para levar a
bon término este traballo.
Agardo que
esta páxina vaia medrando con axudas varias. Cando
esto vaia aumentando tratarei de organizar as
páxinas dunha maneira xenérica.