Casa Torre de Moreda

 

A casa torre de Moreda está situada no lugar de Eirexe, parroquia de Moreda, do Concello de Taboada, provincia de Lugo.

 

Existen indicios da extraordinaria antigüidade da mesma, seguramente remóntase ó século VIII, tanto é así que se lle considera como o primeiro núcleo cristián desta zona.

 

Dase  a circunstancia de que as terras que comprende o val de Moreda crúzaas o mesmo río que discorre polo Sur do val de Relás, propiedade do pazo do mesmo nome. Tratáse  do río Toldao.

        

A pesar do seu longo devir, en moitos anos, ata o século XVI non se coñecen datos concretos pero por estas datas xa hai constancia de Dona Teresa Rodríguez de Camba e o seu esposo don Rodrigo Montenegro. A partir dese momento xa temos noticias do apelido que deu prestixo a esta nobre casa, que tivo épocas de moito esplendor, tendo ademáis lazos familiares cos Taboada, os Camba e outras familias da nobreza galega.

       

Este pazo torre está ubicado ó lado da  igrexa parroquial. Esta conserva certos rasgos románicos nas  paredes laterais, o que nos fai pensar que, no pasado, houbo outra igrexa ou capela no  mesmo lugar. Na actualidade, ó lado desta construcción exponse unha ventá románica, realizada nunca soa  pedra. Outra circunstancia digna de mención é que hai uns anos, nunha parte dos baixos da  casa, atopáronse tres sepulturas antropoides.

       

A principios do século pasado os Montenegro venderon a casa a don José Sobrado Vázquez, e fixaron a sua residencia na cidade de Lugo. Hoxe os coidados desta casa corren a cargo de dona Carmen Fernández Sobrado.

       

A trescentos metros da igrexa, en dirección Norte hai un cotarro e sobre o mesmo un peñasco que serve de base ó cruceiro da parroquia. Trátase tal vez do máis antigo do noso concello, moi deteriorado pola erosión dos anos, que afecta especialmente ás imaxes da  cruz, a  do Cristo crucificado no anverso, mirando cara á igrexa, e a  Virxe María no reverso.

       

Considero lamentable que, por abandono, se corra o risco de perder algo tan emblemático para a parroquia a través dos anos. A  sua necesaria restauración consistiría en repoñer as partes que lle faltan e unha boa limpeza. En primeiro lugar un capitel novo, logo una caveira, tallada tamén en pedra, colocada baixo os pés de Cristo.

       

Este cruceiro érguese sobre o citado peñasco que lle serve de base, de onde arranca o fuste, pero ó faltar o capitel, a cruz apoiase sobre aquel, con risco de desplomarse sobre a base. Penso que a conservación do patrimonio, en ocasións requiere sacrificio, pero paga a pena, xa que é de todos.

 

 

Pazo-torre de Moreda

Los Montenegro la casa fundaron,

los Taboada y Camba parientes.

Por causas justas y nobles lucharon,

personas de honor, buenos creyentes,

el afecto del pueblo ganaron y

la historia les tiene presentes.

Castro Moreda, guardián de la casa,

la fama sigue y el tiempo pasa.